Gústalles o cine. E sábelo si escoitas a Jesús Fontanes e Marcial Outeda nos podcast 'Boomer el último'.
Teñen un capítulo dedicado ás películas da década dos oitenta e cumpriron esta vez coa súa advertencia de continuar con aquel repaso.
Instaláronse nos anos noventa e rescatan un bo número de títulos daquel tempo, para ben ou para mal, que para todo hai gustos e para iso teñen tamén o seu 'Desguace'.
'Reservoir dogs', 'Pulp fiction', 'Armageddon', 'Forrest Gump', 'Ace Ventura', 'Algo pasa con Mary', 'The crow', 'Seven', 'Jurassic Park', 'Titanic'...
Un pequeno puñado de títulos que rescatan para esta edición na que non pode faltar de ningunha maneira a súa compartida retranca. Así que, nada de tomarllo en serio.
E como é pouco serio, non só de películas vive o programa, hai situacións e nomes que pouco ou nada teñen que ver co celuloide.
Porque, que pinta Bob Dylan nun episodio como este dedicado ás películas do noventa? Desde logo, non imos facer spoiler.