Podemos quere ter máis información para aceptar ou rexeitar a presenza de ENCE en Pontevedra

Pontevedra
14 de xaneiro 2015

"Todo o mundo ten claro se está a favor ou en contra da permanencia de Ence na ría de Pontevedra, pero non ten claro o por que", afirmou Marta Díaz, por este motivo entenden "necesaria para consensuar unha postura pública"

Marcos Fontán e Marta Díaz, membros do Círculo Podemos Pontevedra Podemos Pontevedra

Membros do Círculo Podemos Pontevedra presentaron este mércores o segundo ciclo de relatorios, debates e coloquios sobre Ence, co obxectivo de ter máis criterios para aceptar ou rexeitar a presenza da fábrica pasteira en Lourizán.

"Todo o mundo ten claro se está a favor ou en contra da permanencia de Ence na ría de Pontevedra, pero non ten claro o por que", afirmou Marta Díaz, por este motivo entenden "necesaria para consensuar unha postura pública" a organización destas xornadas que se desenvolverán entre o 15 de xaneiro e o 10 de febreiro e contarán coa presenza de destacados expertos biólogos, investigadores, membros do CSIC ou da propia Ence.

As ponencias son abertas a toda a cidadanía, "cun chamamento á participación aos cidadáns non só de Pontevedra, tamén de Poio e Marín", con entrada de balde e coa intencionalidade de que xurdan "o máximo número de criterios obxectivos, rigurosos e equilibrados fronte as posturas que podan representar", sinalou Marcos Fontán.

En definitiva, "dispoñer da información máis concreta, seria, profunda e obxectiva posible, sen estereotipos nen posturas preconcebidas, para tomar unha decisión como Círculo Podemos Pontevedra sobre a problemática de Ence".

Neste segundo bloque de ponencias participan, o 15 de xaneiro, xoves na sede de Podemos as 20.00 horas: Alberto de Coó. Biólogo e investigador; o 27 de xaneiro, Claudio Quintillán, experto no ámbito forestal; o 5 de febreiro, Ricardo Prego Reboredo, Doutor en química pola Universidade de Santiago e investigador no Instituto de Investigacións Marinas do CSIC e o 10 de febreiro, o director de ENCE-Pontevedra, Antonio Casal.

Unha vez que concluan todos estos relatorios Podemos Pontevedra iniciará o debate para tomar unha decisión como colectivo e unha postura sobre a problemática de ENCE.

ELECCIÿNS AUTONÿMICAS

Podemos Pontevedra arranca o proceso de organización interna a nivel autonómico que culminará coa elección dun secretario xeral e o consello da formación en Galicia.

Este sábado en "asemblea cidadá" os candidatos deberán ser avalados. Como requisitos, as candidaturas á secretaría xeral deberán ir vinculadas ao manifesto político-organizativo.

A campaña electoral está prevista para a primeira semana de febreiro e as votacións efectuaranse a semana seguinte, de forma que o sábado 14 se coñecerán os nomes dos elixidos.