Poio defende as bonificacións da nova ordenanza fiscal e acusa a oposición de "contaminar"

Poio
11 de xaneiro 2021

As novas medidas foron aprobadas de forma provisional este luns e farano de forma definitiva en 30 días para entrar en vigor no 2022 se ninguén presenta alegacións

Luciano Sobral, alcalde de Poio
Luciano Sobral, alcalde de Poio

O Boletín Oficial da Provincia publica este luns a aprobación provisional da ordenanza fiscal de Poio que regula impostos como o IBI, o de circulación ou as plusvalías. Con esta medida, o goberno local aplicará bonificacións e exencións en favor de familias numerosas e da redución de gases contaminantes. A modificaciñon fiscal darase por aprobada definitivamente en 30 días se ninguén presenta alegacións para comezar a aplicarse no ano 2022. 

Desde o Concello alegan que se tratan duns impostos máis xustos, equitativos e equilibrados. Neste sentido, denuncian os "intentos reiterados do PP de contaminar e confundir á cidadanía".

No goberno local non ocultan a súa sorpresa pola convocatoria dunha manifestación promovida pola oposición para protestar contra medidas que, alegan, tamén están a adoptar outros concellos da contorna no que goberna o PP.

A nova ordenanza bonifica ao 50 % o recibo do IBI a familias numerosas con rendas anuais inferiores a 30.000 euros, inclúe exencións ao 95 % deste imposto para explotacións agrícolas ou gandeiras e un 25 % para vivendas anteriores ao 2007 que adopten sistemas de aforro enerxético.

No caso do imposto de vehículos, quedarán exentos os propietarios de automóbiles eléctricos e bonificádevos ao 50 % os híbridos, mentres que para o resto de turismos sobe un 10 %. Por último, aplicarase unha bonificación do 50 % ás heredanzas en vida no imposto das plusvalías.