Poio impulsa un mercado literario para dar nova vida aos libros e fomentar a lectura en Nadal

Poio
29 de novembro 2025

As persoas participantes poderán entregar do 1 ao 12 de decembro até tres libros en bo estado e recibir vales que posteriormente trocarán por outros títulos

Presentación do 'Mercado Literiario'
Presentación do 'Mercado Literiario' / Concello de Poio

O Concello de Poio estrea unha iniciativa innovadora na súa Biblioteca Municipal co Mercado Literario, un espazo aberto a todo a veciñanza para intercambiar libros e dar unha segunda vida aos esquecidos nos fogares.

A concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, destacou que esta proposta busca "descubrir novas historias, reutilizar libros e dinamizar o municipio con actividades culturais", convidando á cidadanía a revisar as súas estantes porque "quizais ese libro que xa liches pode ser xusto o que busca outra persoa".​

O funcionamento é sinxelo: do 1 ao 12 de decembro, calquera veciño pode entregar até tres libros en bo estado e recibir vales de intercambio equivalentes.

Posteriormente, do 15 ao 31 de decembro, eses vales trócanse por outros títulos doados.

Os libros poden de narrativa, poesía, ensaio, infantil ou xuvenil, fomentando así o consumo consciente e apostando pola economía circular.

Esta actividade está integrada na axenda da Biblioteca de Poio, que durante o ano propón propostas variadas como BiblioPraia nas praias con bandeira azul durante o verán, o Reto Lector anual ou o recente Ciclo de Cine Clásico de novembro.

Ademais, para celebrar o Nadal, a biblioteca ofrece dous eventos gratuítos máis. O primeiro deles será un obradoiro de decoración do Nadal que se desenvolverá este luns 1 de decembro, a partir das 16:30 horas. Está aberto a todas as idades sen inscrición previa.

Finalmente e como manda a tradición, o luns 22 ás 13:30 horas regresa a tradicional 'Lotaría de Libros', onde se sorteará unha cesta de volumes entre quen realicen préstamos durante decembro, para así promover a lectura e a participación na biblioteca.