A concelleira de Obras e Servizos Municipais e tenente de alcalde, Chelo Besada, supervisou este luns o inicio dos traballos que servirán para dotar de saneamento a un grupo de vivendas situadas no lugar da Bouza, na parroquia de San Xoán.
Trátase dunha zona próxima ao Mosteiro de Poio e á Casa Consistorial.
Operarios municipais deron comezo ás tarefas e se prevé que, salvo imprevistos, finalicen este mesmo mes de xuño.
O Concello de Poio informa de que, para poder proceder á realización dos traballos, a partires do martes 15 será preciso cortar o tráfico no vial, ainda que as persoas residentes poderán acceder ás súas vivendas. Esta medida afectará ao tramo que vai desde o número 2 ao 24 da Bouza.
Ademais, Chelo Besada sinala que nas inmediacións tamén se procederá á dotación de mobiliario urbano, incluídos varios bancos, dando así resposta a unha petición feita polos veciños da contorna.
SANCIÓN
Por outra banda, o Partido Popular desvelou que o Concello de Poio vén de recibir unha sanción de 500 euros por non contestar a un requirimento de Augas de Galicia por un vertido no bombeo de Saíñas.
Este episodio, segundo o Concello, foi algo puntual nesta infraestructura que está pendente de ser mellorada por parte de Augas de Galicia.