Póker de orquestras para as festas de Almofrei: Travesía de Vigo, Alkar, Florida Band e América

Cerdedo Cotobade
09 de agosto 2024

O prolífico calendario festivo do verán ten entre as convocatorias para esta próxima fin de semana as festas en honra a San Lourenzo e San Roque en Almofrei, no municipio de Cerdedo-Cotobade

O alcalde Jorge Cubela coa comisión de festas de Almofrei
O alcalde Jorge Cubela coa comisión de festas de Almofrei / Concello Cerdedo-Cotobade

O prolífico calendario festivo do verán ten entre as convocatorias para esta próxima fin de semana as festas en honra a San Lourenzo e San Roque en Almofrei, no municipio de Cerdedo-Cotobade.

Como boa festa galega, non faltan no programa festivo as propostas musicais coas súas correspondentes verbenas. Catro orquestras son as contratadas pola comisión de festas para animar estas veladas. O sábado 10 actuarán Travesía de Vigo e Alkar e o domingo Florida Band e América. Comezarán ás 22.00 horas.

Antes, na noite do venres 9 arrincará a programación ás 21.30 horas co concerto 100 Voltas protagonizado por Verónica Codesal, Didier Laloy & Damien Chierici e forma parte de 'Cerdedo-Cotobade en Sons'.

A charanga Charandonga animará a mañá e a tarde do sábado con pasacalles e tamén a sesión vermú dominical. Antes, terán lugar os actos relixiosos coa entrega do ramo aos santos por parte da comisión de festas, misa e procesión. Tanto sábado como domingo, os máis pequenos poderán gozar de colchóns gratis pola noite.