Policía Local e Protección Civil de Poio fórmanse no uso de desfibriladores

Poio
19 de novembro 2022

Tras a adquisición por parte do Concello destes aparellos que diagnostican e tratan arritmias e paradas cardiacas, o personal destes dous corpos realizaban prácticas para ter coñecementos sobre o seu uso en caso de emerxencia. Os vehículos patrulla da Policía Local xa están dotados con estes desfibriladores externos semiautomáticos

Axentes da Policía Local de Poio e integrantes de Protección Civil asisten á formación sobre o uso de desfibrilidaroes
Axentes da Policía Local de Poio e integrantes de Protección Civil asisten á formación sobre o uso de desfibrilidaroes / Policía Local de Poio

A totalidade de axentes da Policía Local de Poio e tamén membros de Protección Civil do municipio asistían este sábado ao curso de formación específica sobre o manexo dos desfibriladores.

Estes aparellos electrónicos que permiten diagnosticar e tratar arritmias e paradas cardíacas foron adquiridos recentemente polo Concello de Poio e xa se dotou aos vehículos patrulla destes desfibriladores externos semiautomáticos, de maneira que os automóbiles atópanse cardioprotexidos para enfrontarse ás situacións de emerxencia cardiorespiratoria que poidan rexistrarse no municipio.

Segundo o exposto no curso, o tempo de reacción ante unha parada cardiorespiratoria é moi importante intervir durante os primeiros cinco mintuos sobre a vítima. 

Con esta incorporación e a aprendizaxe, estes servizos públicos de Poio poden intervir nestes casos. A Policía Local de Poio lembra que, para calquera urxencia, o teléfono de contacto é o 689.575.495.