O Concello de Sanxenxo reforza o persoal da Policía Local con 24 auxiliares este verán.
O alcalde, Telmo Martín, acompañado do concelleiro de Seguridade Cidadá e Emerxencias, Xoán Pérez, e do xefe da Policía Local, José Manuel Duarte, recibiu este mércores no Salón de Plenos aos axentes que desde onte se suman aos 23 policías locais que prestan servizo no municipio durante todo o ano.
Tras darlles a benvida e agradecer que escollan Sanxenxo como destino, explicoulles que a súa función é "fundamental" no verán cando se multiplica por cinco a poboación.
"Sodes, en moitos casos, a nosa carta de presentación cos nosos visitantes e veciños en momentos nos que contamos cun importante pico de poboación", asegurou.

Compre lembrar que este ano Sanxenxo realizou as probas de selección, teóricas e prácticas, para escoller aos seus auxiliares: 50 preguntas tipo test, unha proba de galego e outra de carácter físico.
"A seguridade e a limpeza son dous aspectos claves como destino turístico líder do norte de España no verán. Tanto veciños como turistas queren ver o pobo limpo e que sexa seguro", apuntou.
Entre as súas principais funcións, a regulación do tráfico, este verán leváronse a cabo dúas importantes modificacións no centro de Sanxenxo que se espera funcións como desconxestivo viaria como son a apertura da nova rúa enfronte ao Hotel Terraza e a dobre saída por Rúa Cesteiros.
