Póñense en marcha as reformas das rúas José Millán e Javier Puig

Pontevedra
27 de xullo 2015

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra celebrada este luns acaba de poñer en marcha as reformas das rúas Javier Puig e José Millán

Gasolinera de Costa Giráldez na rúa Javier Puig
Gasolinera de Costa Giráldez na rúa Javier Puig

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra celebrada este luns acaba de poñer en marcha as reformas das rúas Javier Puig e José Millán.

O edil voceiro do goberno municipal, Raimundo González, explicou que a rúa Javier Puig terá un presuposto de 437.328 euros. O proxecto de reforma dispón que a nova rúa terá unha fila de aparcadoiro a man dereita. As beirarrúas serán ampliadas ata alcanzar os 3,20 metros.

Ademais renovaranse totalmente as redes de auga potable, saneamento e iluminación pública, que están completamente obsoletas.

Máis económica resulta a reforma da rúa José Millán que recibirá 285.234 euros. Esta diferenza no presuposto débese a que recentemente foi renovada a rede de abastecemento de auga, pero será necesaria a dotación de novas canalizacións de saneamento e pluviais así como o soterramento do tendido eléctrico.

O proxecto deseñado para esta rúa considera o mantemento das zonas de aparcadoiro en ambos os dous lados, grazas á anchura do vial.