O Concello de Ponte Caldelas abre este luns 25 de maio as súas portas de novo. Debido ás medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias, só se atenderá baixo o sistema de cita previa.
As persoas que precisen facer trámites na Casa Consistorial deberán chamar previamente ao 986750001 ou 986750013 para concertar día e hora para o departamento que precisen. O mesmo sistema seguirase para o uso da biblioteca municipal, neste caso chamando ao 986767235.
Como medida de protección, nas oficinas de atención ao público instaláronse mamparas de protección e todas as mesas dispoñen de xel hidroalcólico para desinfección de mans. Todos estes elementos se suman á fonte desinfectante xa instalada ao carón da porta principal do edificio.
Ata o momento, o Concello de Ponte Caldelas atendía por teléfono e vía telemática, coa excepción das cuestións urxentes, para as que se recibía aos veciños que o precisasen de modo presencial, mantendo todas as correspondentes medidas de seguridade e distanciamento recomendadas.