Ponte Caldelas contratará dúas persoas para desinfectar os colexios e esixirá que o pague a Xunta

Ponte Caldelas
03 de setembro 2020

Dúas persoas serán as encargadas de limpar e desinfectar os colexios Manuel Cordo Boullosa e A Reigosa e a escola infantil da vila. Serán contratadas polo Concello de Ponte Caldelas, pero o alcalde advirte que vai a esixirlle a Xunta de Galicia que abone o custo deste servizo

Colexio da Reigosa
Colexio da Reigosa /

Dúas persoas serán as encargadas de limpar e desinfectar os colexios Manuel Cordo Boullosa e A Reigosa e a escola infantil da vila. Serán contratadas polo Concello de Ponte Caldelas, pero o alcalde advirte que vai a esixirlle a Xunta de Galicia que abone o custo deste servizo.

Andrés Díaz recorda que estas tarefas de desinfección son de competencia autonómica e lamenta que o seu municipio non recibira "nin un só euro" do fondo social extraordinario que a Xunta de Galicia recibiu do Goberno central nin dos recursos para os gastos educativos.

"Se non transfiren o diñeiro aos concellos nin invisten nos centros, en que gasta a Xunta estes cartos? ", pregunta o alcalde de Ponte Caldelas.

Ao mesmo tempo operarios municipais tamén están a traballar na posta a punto dos colexios. 

Fixéronse xa os arranxos na escola infantil da Galiña Azul e levan varios días traballando tamén no colexio da Reigosa. Desde este xoves comezaron os arranxos no Manuel Cordo Boullosa.

O Concello asegura que estas son as habituais tarefas de mantemento que todos os anos se fan antes do inicio do curso escolar.