Ponte Caldelas estrea talleres de prevención de violencia de xénero

Ponte Caldelas
11 de xaneiro 2017

O alumnado de terceiro e cuarto curso de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) do Instituto de Ponte Caldelas participa, a partir deste mesmo luns, nunha serie de obradoiros para traballar a prol da prevención da violencia de xénero

Alumnos do IES de Ponte Caldelas
Alumnos do IES de Ponte Caldelas / IES de Ponte Caldelas

No medio da polémica polo peche do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas, o Concello anunciou a posta en marcha de talleres de prevención da violencia de xénero.

En concreto, a partir deste mesmo luns, o alumnado de terceiro e cuarto curso de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) do instituto de Ponte Caldelas participa nestes talleres.

As seguintes actividades van desenvolver os días 16, 17 e 20 de xaneiro completando as desenvolvidas durante os últimos meses cos alumnos do últimos curso de Primaria, centrándose na idade escolar ao tratarse dun grupo moi sensible e no que se debe traballar dun modo específico.

Os talleres están a cargo do persoal do gabinete Amaturi, especializado na formación social no ámbito da sexualidade.

O Concello de Ponte Caldelas obtivo o pasado mes de outubro unha subvención da Deputación de 2.400 euros para a organización de actividades de fomento da igualdade e a loita contra a violencia de xénero dentro do programa 'Desenrédate'.