Ponte Caldelas informa desfavorablemente sobre o parque eólico da Rula

Ponte Caldelas
13 de xullo 2021

A oposición ao parque eólico da Rula, en Cerdedo-Cotobade, chega tamén a Ponte Caldelas. O Concello vén de emitir un informe desfavorable a este proxecto, cuxa liña de evacuación e a liña de alta tensión afectarían ao ámbito municipal de Ponte Caldelas

Encontro do alcalde coa veciñanza de Tourón para tratar os efectos do Parque Eólico da Rula
Encontro do alcalde coa veciñanza de Tourón para tratar os efectos do Parque Eólico da Rula /

A oposición ao parque eólico da Rula, en Cerdedo-Cotobade, chega tamén a Ponte Caldelas. O Concello vén de emitir un informe desfavorable a este proxecto, cuxa liña de evacuación e a liña de alta tensión afectarían ao ámbito municipal de Ponte Caldelas.

A este informe, elaborado polo arquitecto municipal, vaise a sumar un segundo documento, redactado pola responsable do servizo de Medio Ambiente.

Ponte Caldelas rexeita este proxecto, entre outros motivos, porque a súa implantación crearía "efectos significativos, negativos e permanentes" sobre a poboación e súa saúde, o patrimonio cultural, a fauna, a flora e a paisaxe natural ou nos bens materiais do municipio.

Ademais, o informe advirte que o parque empresarial carece de estudo de impacto de integración paisaxística e que impide a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural, entre os que destaca a área arqueolóxica de Tourón.

O arquitecto alerta, por último, de que este parque dificultaría o desenvolvemento do modelo territorial recollido no PXOM de Ponte Caldelas, sostido na potenciación do comercio, do turismo cultural e na valoración do entorno natural e paisaxístico.

Arquivado en