Ponte Caldelas inicia un curso de tapas para desempregados

Ponte Caldelas
22 de marzo 2017

Traballarase a elaboración de tapas, pinchos e canapés. Para participar é necesario contar con tarxeta de desemprego e volante de empadroamento 

Caldelas Tapas Quentes
Caldelas Tapas Quentes / Concello de Ponte Caldelas

O 10 de abril iniciarase un curso matinal en Ponte Caldelas cunha duración de 30 horas para formarse en elaboración de tapas, petiscos e canapés. Os interesados terán que contar con cartón de desempregados e volante de empadroamento no municipio.

As clases impartiranse no local da Fundación para a Orientación, Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico, Emprego e Formación de Galicia (Forga) no polígono da Reigosa.

Trátase dunha oferta completamente gratuíta e os interesados deberán inscribirse nas oficinas do Concello co prazo límite do 5 de abril.

O goberno local sinala que con esta proposta aténdese á petición de varios veciños, que buscan formarse nun campo como o relacionado coa hostalería, que cada vez ten máis proxección profesional.