Ponte Caldelas acolle un curso de tapas, petiscos, aperitivos e canapés para 15 persoas, 11 mulleres e catro homes, todos eles empadroados no municipio e con idades comprendidas entre os 18 e os 58 anos. Algúns destes participantes xa contan con experiencia profesional na cociña e outros se penetran neste terreo por primeira vez.
Este curso que promove o Concello de Ponte Caldelas prolóngase ao longo deste mes de abril, cunha duración de 30 horas. As clases desenvólvense nun espazo do polígono da Reigosa, acondicionado para a formación laboral.
O alcalde Andrés Díaz, á fronte do goberno tripartito, sinala que o curso foi ofertado a persoas en situación de desemprego e o obxectivo é que se insiran laboralmente no campo da "pequena gastronomía".