O Concello de Ponte Caldelas, dentro do paquete de melloras no rural de Ponte Caldelas que conta con 51 proxectos, ten previsto realizar un arranxo integral da Fonte das Sabias, no barrio da Carrasqueira, na Reigosa.
A mellora consistirá no empedrado de todo o entorno da fonte, con escaleiras de pedra e enlousado dos accesos, así como no asfaltado do lateral do vial.
Ademais, colocarase unha baranda de aceiro para mellorar a seguridade peonil na zona, debido a que a fonte se sitúa nun nivel máis baixo ca estrada e o desnivel existente pode resultar perigoso para os peóns.
O Concello de Ponte Caldelas busca con esta actuación ennoblecer o entorno da fonte, mellorar a seguridade peonial e arranxar as beiras da estrada que dá acceso a varias vivendas do lugar da Reigosa.