Ponte Caldelas paga 13.600 euros a autónomos e pemes coas súas axudas directas

Ponte Caldelas
17 de abril 2020

O Concello de Ponte Caldelas realizou un total de 38 transferencias das axudas directas para autónomos e pemes co obxectivo de que poidan facer fronte aos seus gastos fixos mensuais

Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, no seu despacho
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, no seu despacho / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas realizou un total de 38 transferencias das axudas directas para autónomos e pemes co obxectivo de que poidan facer fronte aos seus gastos fixos mensuais. 

Estas axudas, que se puxeron en marcha ante a situación os autónomos e as pequenas empresas de Ponte Caldelas que se viron afectados pola crise do coronavirus, son de 400 euros para os que pecharon no momento no que se decretou o estado de alarma, mentres que as de 200 poden solicitala, segundo informan desde o Concello, os que viron reducida a súa actividade.

"O que queremos é que agora poidan facer fronte aos gastos fixos para que cando isto pase poidan volver abrir os seus negocios sen sentirse asfixiados", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.

A día de hoxe, o Concello recibiu un total de 89 solicitudes: 60 da liña 1 (400 euros) e 29 da liña 2 (200 euros), das cales se realizaron 30 da primeira e 8 da segunda. En canto aos pagos das restantes, irán efectuando segundo váianse completando os expedientes.