Ponte Caldelas pon en marcha o Plan de Autoprotección para as festas das Dores

Ponte Caldelas
21 de agosto 2019

O Goberno municipal adxudicou este traballo á empresa Prevención Integral de Emerxencias que tamén se ocupa da enxeñería relacionada coa inspección técnica de escenarios, instalacións eléctricas e todo tipo de atraccións de feira

Verbena nas Festas das Dores
Verbena nas Festas das Dores / Concello de Ponte Caldelas

O Goberno municipal adxudicou o traballo do Plan de Autoprotección para as festas das Dores á empresa Prevención Integral de Emerxencias que tamén se ocupa da enxeñería relacionada coa inspección técnica de escenarios, instalacións eléctricas e todo tipo de atraccións de feira.

Os responsables da empresa fixeron, durante la mañana de este miércoles, unha avaliación dos posibles riscos que supón a festa das Dores e estableceron as medidas para facerlles fronte. Entre elas inclúese a posible evacuación en caso de emerxencia importante e os avisos aos servizos de emerxencia sobre posibles problemas que poidan ocorrer.

A empresa tamén fixo a inspección pertinente das instalacións asegurando a seguridade do público nas zonas de circulación.

Así mesmo, os técnicos de prevención tamén estarán presentes nos momentos de maior aglomeración para controlar e garantir o cumprimento do Plan de  Autoprotección e poder coordinar calquera emerxencia que se poida dar.