Ponte Caldelas prevé un investimento no rural de 1,2 millóns de euros ao longo de 2022

Ponte Caldelas
15 de febreiro 2022

O Concello de Ponte Caldelas ten previsto para este 2022 un total de 51 actuacións no rural do municipio

Igrexa de San Martiño de Xustáns (Ponte Caldelas)
Igrexa de San Martiño de Xustáns (Ponte Caldelas)

O Concello de Ponte Caldelas previu para este ano 2022 un total de 51 actuacións no rural do municipio.

Isto supoñerá, segundo as súas previsións, un investimento "histórico" de 1,2 millóns de euros, segundo indicou o alcalde Andrés Díaz.

De entre estas actuacións, 48 produciranse en camiños executándose nos meses de verán.

Ademais entre todos os proxectos destacan tres que foron catalogados como 'singulares' por dar acceso a bens patrimoniais, o que obriga a tramitalos ante Patrimonio atrasando a súa execución a finais de ano. 

Un deles é a mellora do acceso á igrexa, Campo da Festa e Casa do Pobo de Xustáns. Concretamente aplicarase dun pavimento en formigón de cor marrón e destacarase a singularidade de tres zonas colocando lastra de pedra xunto ao cruceiro, á Igrexa de San Martiño e á Casa do Pobo, cun empedrado no acceso ao templo.