Ponte Caldelas programa unha andaina para celebrar o 8-M

Ponte Caldelas
27 de febreiro 2020

A cita partirá ás 10.30 horas desde a praza de España para dirixirse ao miradoiro da Castrelada nun roteiro que terá unha duración aproximada de tres horas

Andaina por unha das rutas naturais de Ponte Caldelas
Andaina por unha das rutas naturais de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas celebrará o Día Internacional da Muller, o 8 M, cunha andaina de 10 quilómetros entre a praza de España e o miradoiro da Castrelada.

Co obxectivo de reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, o goberno local promove este primeiro ascenso que ten a saída prevista para as 10.30 horas.

Os interesados poden inscribirse previamente nas oficinas municipais ou na zona de saída o mesmo día da andaina. A duración estimada do percorrido, de ida e volta, roldará as tres horas.

O miradoiro da Castrelada é un dos picos máis altos do municipio e desde alí poden contemplarse as tres rías da provincia.