Ponte Caldelas renova o seu mobiliario urbano

Ponte Caldelas
09 de setembro 2021

O Concello instala novas papeleiras, xardineiras e tres bancos con iluminación LED e cargadores USB en diversos puntos do centro da vila

Ponte Caldelas renova o seu mobiliario urbano Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas vén de instalar novo mobiliario urbano en varios puntos da vila, para seguir mellorando a imaxe da cidade e a calidade de vida dos veciños. Os novos elementos son tres bancos con iluminación LED e cargador de USB, varias xardineiras e once novas papeleiras.

Os bancos de madeira ubicáronse na Praza do Bispo, sustituindo ós antigos, e están tratados contra a humidade, contan con respaldo e miden 3,5 metros de longo. Incorporan dúas tomas USB para recarga de dispositivos móbiles e a parte inferior do banco está retroiluminada con LED.

As papeleiras son fabricadas en aceiro zincado, contan con tapa superior e tapa frontal e dispoñen de cinceiro desmontable. Están ubicadas na Avenida de Pontevedra, Praza do Bispo e Rúa Augusto González Besada. Pola súa banda, as xardineiras están realizadas en aceiro galvanizado e posterior tratamento en zinc lacado e repártense entre a Praza do Bispo, Rúa da Ponte, Praza de España e a Avenida de Vigo.