Ponte Caldelas ten ganas de 'Noites de Terraza'

Ponte Caldelas
05 de xuño 2021

A programación cultural do verán está á orden do día en Ponte Caldelas. O Concello xa comezou co reparto de libriños da programación cultural en todos os fogares e establecementos comerciais, negocios e locais de hostalería

Ponte románica de Ponte Caldelas
Ponte románica de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A programación cultural do verán está á orden do día en Ponte Caldelas. O Concello xa comezou co reparto de libriños da programación cultural en todos os fogares e establecementos comerciais, negocios e locais de hostalería.

Apostarán novamente por unha cultura segura coas 'Noites de Terraza' onde a música encherá durante tres meses o municipio. Comezarán o venres 18 de xuño e finalizará o sábado 11 de setembro. Serán a partir das 21:30 horas na Alameda  de Ponte Caldelas e na Praza de España.

A proposta musical será moi variada, destacando a sesión de Fados con Erea Castro; a actuación dos mariachis de Leonardo Flores, a actuación clásica de Samudra Trío ou o espectáculo de Milladoiro.

As actuacións serán todos os venres e sábados en Ponte Caldelas, ó aire libre e co aforo controlado a través das mesas da hostalería autorizadas previamente polo Concello. Ademáis, todos os domingos do mes de agosto haberá sesión vermú con bandas de música a partir das 13.00 horas e a semana das Festas das Dores, que este ano non se celebrarán como tradicionalmente.

Día Mundial do Medio Ambiente

Pola súa banda, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra este sábado, o Concello de Ponte Caldelas estreou iluminación na Ponte Románica sobre o Río Verdugo. 

A nova iluminación de cor verde acendeuse este venres na ponte da vila, eixe vertebrador do casco urbán e da principal estrada que discorre polo municipio. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, apostou por esta iluminación para darlle un novo aire á ponte, símbolo para todos os veciños do municipio.