Pontevedra acollerá en 2014 o II Congreso "Ciudades que caminan"

Pontevedra
07 de outubro 2013

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou este luns á xornalista Susana Pedreira de Onda Cero que, despois de meses como ponente e invitado noutros congresos celebrados noutras cidades, Pontevedra será anfitriona dun congreso nacional sobre mobilidade en 2014

Pontevedra será anfitriona dun congreso nacional sobre mobilidade en 2014 /

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou este luns á xornalista Susana Pedreira de Onda Cero que, despois de meses como ponente e invitado noutros congresos celebrados noutras cidades, Pontevedra será anfitriona dun congreso nacional sobre mobilidade en 2014.

A data está por pechar pero será entre setembro e outubro do ano que vén, sen coincidir coa cita anual de Walk21.

O vindeiro mércores, 16 de outubro, o alcalde e o intendente xefe da Policía Local, Daniel Macenlle, participan no I Congreso sobre mobilidade que organiza a "Red ciudades que caminan" no concello sevillano de La Rinconada.

Macenlle participará como ponente nunha mesa redonda sobre campañas de promoción da mobilidade peonil, mentres que o alcalde será o protagonista da cerimonia de clausura en calidade de anfitrión da segunda edición do congreso que se celebrará en Pontevedra en 2014.