Pontevedra, capital mundial del tapeo

Pontevedra
28 de novembro 2014

Reporteiros de medios de comunicación españois, personaxes coñecidos, blogueiros e referentes en turismo gastronómico nas redes sociais estarán presentes en PontedeTapas durante a celebración do certame que este venres comeza en 45 locais de hostalería pontevedreses

Inauguración de PontedeTapas
Inauguración de PontedeTapas / Diego Torrado

Reporteiros de medios de comunicación españois, personaxes coñecidos, blogueiros e referentes en turismo gastronómico nas redes sociais estarán presentes en PontedeTapas durante a celebración do certame que este venres comeza en 45 locais de hostalería pontevedreses.

O concurso, que dinamizará a economía local ata o próximo 8 de decembro, foi inaugurado cunha visita o Alejo's, onde se serve a tapa ⿿La debilidad de Chicote⿝, na modalidade de cociña creativa.

A oferta gastronómica, que pode consultarse no sitio www.pontedetapas.eu inclúe 30 tapas de cociña creativa, 16 tapas tradicionais e 12 cócteles.

Algúns dos establecementos participantes ofrecen varias destas modalidades, e mesmo algúns, as tres.

O concurso será resolto a partir das votacións dun xurado profesional. Despois da primeira selección para escoller os tres finalistas de cada categoría chegará o momento da gran gala final, que será o luns, 15 de decembro. O xurado estará encabezado por un cociñeiro con estrela Michelín.

O público que deguste as tapas volverá ter ao seu dispor as papeletas de votación para seleccionar ao local gañador da votación popular. Entre todos os votos se sortearán os habituais premios: un primeiro consistente nunha viaxe dunha fin de semana para dúas persoas a unha capital europea e varios vales de compra no comercio local e na Praza de Abastos.

Por outra banda, está a piques de pecharse o programa de visitas de representantes dos medios de comunicación, blogs e perfís na Internet. A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, destacou a firme aposta de PontedeTapas pola estratexia 2.0, que tan bos resultados acadou nas dúas últimas edicións. O obxectivo, recalcou, é atraer público doutras localidades, especialmente de Galicia e comunidades próximas e está claro que os blogs, Facebook e Twitter axudáronos moito no pasado para acadalo.

Aínda coa posibilidade de introducir cambios barállase o seguinte calendario:

O próximo luns estará en Pontevedra Beatriz Campos, actriz e presentadora en "A nosa nube" en TVG. Con ela chegarán David Espiño, reporteiro da La Sexta, e Patricia Martínez, de Telecinco.

O mércores será a quenda dos blogueiros:

 

O xoves chegarán

 

O venres agárdase a

 

O sábado será novamente a quenda dos xornalistas, pois pasarán por PontedeTapas: María Cheda (Antena 3) e Raquel Rosa (TVG)