Pontevedra conta con 30 familias acolledoras

Pontevedra
16 de marzo 2013

Actualmente Cruz Vermella conta con 30 familias na provincia de Pontevedra, que acolleron xa a 35 menores. ÿ un recurso que ten como obxectivo proporcionar unha alternativa aos menores con idades comprendidas entre os cero e dezaoito anos de idade, cuxas familias atravesan unha situación de crise ou dificultade que lles impide atender correctamente, de forma temporal aos seus fillos

Actualmente Cruz Vermella conta con 30 familias na provincia de Pontevedra, que acolleron xa a 35 menores.

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia está levando a cabo a través de Cruz Vermella e en colaboración co Ministerio de Sanidade, o Proxecto de Acollemento Familiar desde 1996 en toda a provincia.

ÿ un recurso que ten como obxectivo proporcionar unha alternativa aos menores con idades comprendidas entre os cero e dezaoito anos de idade, cuxas familias atravesan unha situación de crise ou dificultade que lles impide atender correctamente, de forma temporal aos seus fillos.

Deste xeito favorécese o acollemento temporal de nenos e adolescentes nunha contorna que non é a sua, converténdose nunha alternativa de convivencia en familia para os menores que se atopan nunha situación de risco ou desamparo procurando manter, sempre que sexa posible, o contacto co seu fogar de orixe.

Este proxecto é atendido por un equipo técnico que analiza cada posible situación e buscan a familia idónea para cada menor, proporcionando o apoio e a formación necesaria ás familias, e realizando un seguimiento continuo do acollemento en todo momento.

Sempre que é posible, procúrase que esta familia alternativa sexa a formada por outros parentes do neno, como tíos ou avós. ÿ a chamada familia extensa. Se esta opción non é viable, ou non é recomendable para o neno, búscase unha familia allea que poida atender as súas necesidades básicas.

O acollemento non é unha forma de adopción, insisten desde Cruz Vermella

O acollemento non é unha forma de adopción, xa que sempre é temporal e non rompe os vínculos do neno coa súa familia de orixe; ao contrario, a familia acolledora debe colaborar para que se manteñan e se fortalezan as relacións do neno co seu núcleo familiar, favorecendo así o regreso ao seu fogar.

En canto aos acolledores, pode ser calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, e de calquera condición social, ideoloxía ou crenzas. Só se require que exista vontade de acoller aceptada por todo o núcleo familiar, capacidade para cubrir as necesidades básicas do neno, estabilidade emocional e capacidade para aceptar as características do neno ou nena así como as da súa familia de orixe.