Pontevedra 'líbrase' dos valados das obras xa rematadas

Pontevedra
01 de setembro 2023

Ao traballo de retirada das cabinas telefónicas que se estivo a facer estas semanas en toda a cidade sumouse outra actuación que, co mesmo obxectivo, busca que os espazos públicos estean nas mellores condicións posibles. O Concello deu a orde de retirar da vía pública os valados de obras xa executadas

Retirada do valado dunha obra xa rematada en Pontevedra Concello de Pontevedra

Ao traballo de retirada das cabinas telefónicas que se estivo a facer estas semanas en toda a cidade sumouse outra actuación que, co mesmo obxectivo, busca que os espazos públicos estean nas mellores condicións posibles.

O Concello deu a orde de retirar da vía pública os valados de obras xa executadas, moitos dos que seguían expostos por motivos legais e de financiamento.

Así, ao longo dos últimos días foron desinstalados e recollidos os valados de gran tamaño nas rúas Alameda (con Echegaray), Gonzalo Gallas, Josefina Arruti ou a Avenida da Estación.

"Seguimos con ese proceso de posta en valor e deixar a cidade en estado de revista o espazo público da cidade, tal e como indicamos desde o primeiro día deste mandato", explicou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.