Pontevedra modificará o imposto de plusvalía cando o faga Facenda

Pontevedra
11 de setembro 2017

O goberno local do BNG avanzou a súa decisión na comisión de Facenda celebrada este luns. Só o Partido Popular defenderá no pleno do próximo venres unha moción instando a atender reclamacións e mesmo a devolver o cobrado indebidamente

Vista aérea da cidade de Pontevedra
Vista aérea da cidade de Pontevedra /

O Concello de Pontevedra modificará a ordenanza fiscal que regula o imposto de plusvalía cando o Ministerio de Facenda modifique o marco legal.

O goberno local do BNG avanzou a súa decisión na comisión de Facenda celebrada este luns. Só o Partido Popular defenderá no pleno do próximo venres unha moción instando a atender reclamacións e mesmo a devolver o cobrado indebidamente.

A formación que encabeza Jacobo Moreira lamentou esta decisión do BNG que conta coa adhesión da concelleira de Ciudadanos, tal e como quedou este luns reflectido co voto en contra de ambas formacións á moción presentada polo grupo popular sobre este asunto.

O grupo popular solicitou o pasado mes de agosto que o goberno local poña en marcha mecanismos que permitan informar e proceder á devolución das plusvalías cobradas de xeito irregular. Ademais, e mentres non se proceda á modificación da normativa, propón que o Concello suspenda o cobro deste imposto cando quede acreditada a inexistencia de incremento de valor.