A Pontevedra de hoxe en día é, cada ano que pasa, unha cidade máis multicultural. Até cen nacionalidades diferentes, ademais da española, comparten os 84.468 habitantes que, a 31 de decembro de 2024, estaban censados no padrón municipal.
Un total de 78.689 residentes son de nacionalidade española, mentres que os 5.779 restantes proceden deste centenar de países estranxeiros.
Esta última cifra, ademais, supón o máximo histórico de emigrantes doutras nacionalidades que houbo xamais en Pontevedra. Son catrocentos máis que en 2023 e mil máis que en 2022.
A comunidade internacional máis numerosa en Pontevedra é a de Venezuela. Xa o era desde hai varios anos, pero o incremento rexistrado nos últimos doce meses foi notable.
Nestes momentos, segundo os datos do padrón municipal, hai 938 venezolanos vivindo na Boa Vila. Son 127 máis que os 811 que había a finais de 2023.
Tamén creceron os cidadáns chegado desde Colombia, a segunda nacionalidade con máis pontevedreses de adopción e que en 2024 chegaron até os 772 (+74); e Perú, que con 466 (+139), sitúase xa na cuarta praza deste ranking.
Portugal (466), Brasil (431), Marrocos (382), Italia (266), China (189), Arxentina (167), Senegal (162) e Romanía (135) suman tamén máis dun centenar de expatriados.
A eles séguenlles os procedentes de Estados Unidos (99), República Dominicana (96), Cuba (85), Francia (85), Reino Unido (83), Ghana (83), Alemaña (77), Uruguai (64), Ecuador (62), Paraguai (57), México (53), Ucraína (46) ou Bangladesh (42).
Tras eles están Chile (29), El Salvador (29), Países Baixos (28), Nicaragua (27), Polonia (27), Paquistán (22), Honduras (22), Irlanda (21), Nixeria (20), Alxeria (19), Rusia (17), Bulgaria (16), Hungría (16), Filipinas (15), Vietnam (15), Bélxica (13), República Checa (13) ou Guatemala (12).
Algúns menos son os que chegaron de Suíza (10), India (9), Albania (8), Guinea Ecuatorial (8), Lituania (8), Canadá (7), Eslovaquia (7), Grecia (7), Suecia (7), Nova Zelandia (6), Panamá (6), Armenia (5), Letonia (5), Exipto (5), Costa Rica (5) ou Turquía (5).
En total, conviven en Pontevedra cidadáns procedentes de até 99 nacionalidades diferentes, incluídos destinos tan remotos como Guinea, Irán, Finlandia, Tanzania, Malaisia, Israel, Xapón, Cambodia, Serra Leona, Chipre, Tailandia, Australia, Gambia, Nepal, Kazajistán ou Singapura.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.