A cidade de Pontevedra foi convidada polo xornal portugués Público a participar nun debate sobre mobilidade sustentable que se celebrou este martes en Lisboa.
Foi a concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, a que participou na xornada titulada Open Day Mobilidade Sustentável: Transição para as Cidades do Futuro, na que se expuxo o reto das cidades do futuro e a necesidade de deixarse de teorías e pasar á práctica.
A edil pontevedresa fixo unha exposición na que explicou as transformacións vividas en Pontevedra nos últimos 19 anos.
Os asistentes, maiormente xornalistas, profesores, responsables de proxectos de investigación e traballadores públicos, interesáronse por como se pode compatibilizar o modelo de cidade cos diferentes ciclos políticos e tamén cal foi o papel que desenvolveron os funcionarios públicos en todo este proceso.