Pontevedra suma un novo edificio de vivendas e outro de apartamentos turísticos

Pontevedra
07 de maio 2026

Cun investimento conxunto que supera os 1,18 millóns de euros, os novos edificios sitúanse na Rúa da Barca e en Jofre de Tenorio

Parcela na rúa Jofre de Tenorio
Parcela na rúa Jofre de Tenorio / Alberto de Madrid Lafuente

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra deu luz verde este xoves a dúas novas licenzas urbanísticas para a construción de senllos edificios residenciais e turísticos no centro da cidade, cun investimento conxunto que supera os 1,18 millóns de euros.

A primeira das autorizacións corresponde a un inmoble que se levantará no número 9 da Rúa da Barca, promovido pola empresa Construcións Garveira PO.

O proxecto desenvolverase sobre unha parcela de 83,33 metros cadrados e contempla a construción dun edificio composto por soto, planta baixa, seis alturas e baixo cuberta.

O inmoble albergará un total de oito vivendas e outros tantos rochos.

O orzamento previsto para a actuación ascende a 474.238 euros.

Parcela na Rúa da Barca
Parcela na Rúa da Barca    Alberto de Madrid Lafuente

A segunda licenza aprobada afecto a un edificio destinado a apartamentos turísticos na Rúa Jofre de Tenorio.

Neste caso, a promotora é Amvimara, que proxecta un inmoble sobre unha parcela de 112,40 metros cadrados.

O edificio contará con soto, planta baixa, cinco plantas e baixo cuberta. Nas plantas superiores habilitaranse 14 apartamentos turísticos cunha capacidade total para 54 prazas.

O investimento previsto para esta actuación alcanza os 712.295 euros.

En ambos os casos, as condicións fixadas polo Concello establecen que as obras deberán comezar nun prazo máximo de seis meses desde a concesión da licenza e finalizar nun período non superior a dous anos.

Ademais, os traballos non poderán permanecer paralizados durante máis de seis meses consecutivos.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora