Pontevedra 'on ice', volven as cuadas ao recinto feiral

Pontevedra
20 de decembro 2014

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle dende este venres Nadalocio coa súa atracción estrela: a pista de xeo. Unha divertida forma de pasar unha xornada de Nadal, fundamentalmente para os máis pequenos, pero tamén para o resto da familiar. Só hai que anirmarse a calzar uns patíns de coitela e non ter medo a darse unha boa cuada

Nadalocio, no recinto feiral de Pontevedra
Nadalocio, no recinto feiral de Pontevedra / Mónica Patxot

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle dende este venres Nadalocio coa súa atracción estrela: a pista de xeo.

Unha divertida forma de pasar unha xornada de Nadal, fundamentalmente para os máis pequenos, pero tamén para o resto da familiar. Só hai que animarse a calzar uns patíns de coitela e non ter medo a darse unha boa cuada.

O resto da oferta complétana os inchables, a tirolina, a pista de karts ou o touro mecánico.

Para esta fin de semana espérase unha grande entrada no recinto, que permanecerá aberto durante todas as festas.