Por período máximo dun ano. É o tempo que se vai a prorrogar o contrato do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Pontevedra. O goberno municipal acordou estender a duración do contrato con Ferrovial Servicios por motivos administrativos.
A portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, explicou que esta prórroga obedece a que este é o período que os técnicos municipais estiman necesario para licitar o novo contrato.
Neste momento, xa se están ultimando os pregos que rexerán o novo proceso de contratación, tras sufrir algún atraso o procedemento por causas relacionadas coa covid-19.
Tras resolver "algúns flocos" que quedan pendentes, segundo Gulías, o Concello estará en condicións de licitar un contrato que "vai a ser un fito importante que vai permitir mellorar e traballar cara a excelencia da cidade" no ámbito do tratamento dos residuos e da limpeza.
Nesta prórroga xa non entra a limpeza de dependencias municipais e deportivas posto que este servizo xa se está realizando con cargo a un novo contrato.
O contrato de recollida de lixo de limpeza foi adxudicado a Ferrovial e a actual prórroga non implica ningunha modificación substancial nas condicións básicas. Tampouco no prezo, que seguirá un ano máis sobre os 6 millóns de euros.