O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra encara unha nova etapa tras a celebración este sábado do seu quinto congreso na cidade do Lérez. Renovou os seus órganos colexiados, elixiu a David Regades para seguir dirixindo o partido e, a nivel local, supuxo un respaldo para a agrupación da capital.
O congreso, presidido, como anfitrión, polo presidente local do partido, Iván Puentes, elixiu unha nova comisión executiva provincial con representación de todas as comarcas. Entre elas, destaca la agrupación pontevedresa, que conserva seis postos.
O núcleo da dirección provincial continúa encabezado por David Regades, que repite por segunda vez á fronte do socialismo provincial. Como número dous confírmase a Paula Fernández, de Silleda, como vicesecretaria xeral de Estratexia Política. E, como número tres, entra unha pontevedresa, Yoya Blanco.
Branco Rial pasa a ocupar a vicesecretaría xeral de Estratexia Social e faise forte a nivel provincial. A dirección complétase con Álvaro Carou, de Vilagarcía, na vicesecretaría xeneral de Estratexia Territorial e o alcalde da Cañiza e deputado Luís Gómez Piña continúa como secretario de Organización.
Tamén se ve ese respaldo que este congreso supón para a agrupación local nunha das socialistas da cidade con máis proxección, a deputada autonómica Paloma Castro, responsable na nova Executiva da Secretaría de Política Autonómica.
Outra socialista local, Mila Lores, logra un dos postos principais no partido a nivel provincial, como man dereita de Luís Gómez, secretaria adxunta de Organización.
A ex concelleira Margarita Castejón tamén repite como presidenta da Comisión Provincial de Ética
Guillermo Meijón, Amadeo Cuiñas e David Fraga tamén se integran na dirección elixida neste congreso.
Xa no Comité Provincial, pasa a haber once representantes máis da agrupación pontevedresa: Guillerme Pérez Agulla 'Yeyo', Jesús Iglesias, Patricia Vilán, Fernando Baena, Begoña Hermida, Rita Doval, Raúl Gómez Farto, Lina Garrido, Camilo Garrido, Eugenia Jorge Marinero e José Valcárcel.
O congreso clausurouno este sábado o secretario dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, e, durante a mañá, contou coa participación en vídeo do ex presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero.
O reelixido novo responsable provincial animou aos presentes a "cargar as pilas ao 100% porque hai moita xente que nos necesita, que nos ve como a única ferramenta para mellorar as súas vidas e que quere que o PSOE goberne España, Galicia, a nosa provincia e os seus concellos".
Para a súa terceira etapa á fronte, Regades seguirá apostando por un proxecto político apoiado en tres alicerces fundamentais: a socialdemocracia, o municipalismo e o feminismo.
Anunciou a súa intención de apurar o paso nos dous próximos anos para reforzar os gobernos municipais, gañar máis concellos "e para que, en beneficio desta provincia, as ideas volvan entrar pola porta do despacho da Presidencia da Deputación".
OUTROS CARGOS DA COMARCA
O alcalde do Grove, José Cacabelos, é na nova dirección secretario de Política Social, Maiores e Dependencia; o alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, secretario de Emprego; o deputado provincial e concelleiro en Poio Gregorio Agís, secretario de Desenvolvemento Urbano; Pedro Martínez Gago, de Vilagarcía, secretario de Estudos e Programas; e Lorena Durán, de Cerdedo-Cotobade, secretaria da Militancia.
Tambén están o concelleiro marinense Manuel Pazos, como secretario de Política Forestal; a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, como secretaria de Sectores Estratéxicos; o alcalde de Cambados, Samuel Lago, como secretario de Agricultura; a concelleira vilanovesa María José Vales, como secretaria de Confrarías e Marisqueo; o alcalde da Illa de Arousa, Luís Arousa, como secretario de Pesca e Mar; e o tenente de alcalde de Barro, José Sanmartín, como secretario de Comercio.
O concelleiro en Moraña Xoel Souto é secretario de Deportes; Cataliña Oubiña, de Vilagarcía, é secretaria de Sanidade; Icía García, de Meaño, secretaria de Turismo; e, dentro da secretaría executiva, tamén está Isabel Quintas, de Bueu.
Para a incorporación ao Comité Federal do PSOE aprobouse a designación do alcalde de Vilagarcía e presidente da FEGAMP, Alberto Varela Paz.

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra

V Congreso do PSdeG de Pontevedra