Pontevedra súmase á solidaria 'Carrera por Ucrania'

Pontevedra
23 de agosto 2022

Dez cidades españolas sumáronse xa a unha iniciativa solidaria que busca recadar fondos en beneficio das familias refuxiadas pola guerra en Ucraína. Unha delas é Pontevedra. Na 'Carrera por Ucrania', cada unha destas localidades celebrará unha carreira popular de dez quilómetros

Carreira Ponle Freno 2022
Carreira Ponle Freno 2022 /

Dez cidades españolas sumáronse xa a unha iniciativa solidaria que busca recadar fondos en beneficio das familias refuxiadas pola guerra en Ucraína. Unha delas é Pontevedra.

Na 'Carrera por Ucrania', cada unha destas localidades celebrará unha carreira popular de dez quilómetros. O diñeiro das inscricións, dez euros os adultos e cinco euros os menores, destinarase integramente á axuda aos refuxiados ucraínos.

A carreira celebrarase o sábado 1 de outubro, ás seis da tarde. Ademais de Pontevedra, será en Madrid, Logroño, Teruel, Badaxoz, Getxo, Guadalaxara, Murcia, Albacete e Pamplona.

O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 27 de setembro.

Trátase dunha iniciativa que impulsan de maneira conxunta as entidades sociais Acció Familiar Barcelona, Coopera ONG, ONG Rescate, Cooperación Internacional, Actúa, Fundación Dasyc, Donadoo, Fundación Montblanc e Coopera Euskadi.

Ademais da colaboración das cidades implicadas, esta 'Carrera por Ucrania' conta co apoio da embaixada de Ucraína en España.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora