Pontevedra súmase ao "bloqueo" a Amazon e pide mercar no comercio local

Pontevedra
02 de decembro 2020

Desde hai semanas son xa moitos os concellos que pediron aos seus cidadáns que, especialmente para a campaña do Nadal, fagan as súas compras no comercio local e renuncien a plataformas como Amazon. A esta corrente sumouse Pontevedra

Carme da Silva, concelleira de Festas en Pontevedra
Carme da Silva, concelleira de Festas en Pontevedra / Mónica Patxot

Desde hai semanas son xa moitos os concellos que pediron aos seus cidadáns que, especialmente para a campaña do Nadal, fagan as súas compras no comercio local e renuncien a plataformas como Amazon. A esta corrente sumouse Pontevedra.

Así o afirmou a concelleira de Festas, Carme Da Silva, durante a presentación da programación que o Concello preparou para este nadal tan atípico.

Da Silva pediu expresamente aos pontevedreses "non mercar en Amazon" para contribuír a que os comerciantes da cidade poidan facer fronte á crise económica que xerou a pandemia da covid-19.

"Queremos que os nenos disfruten dos agasallos que con tanto agarimo fai chegar o comercio local a Papá Noel, ao Apalpador e aos Reis Magos", destacou a edil do BNG.

As rúas das cidades, defendeu, "morrerán" sen o comercio de proximidade.