Pontevedra ten a maior taxa de paro dos concellos galegos cun 26,1%, segundo a EPA

Pontevedra
23 de xullo 2015

O concello de Pontevedra ten unha taxa de paro do 26,1% segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística. Se se comparan os datos dos sete grandes municipios galegos, Pontevedra é ao que corresponde a maior taxa de paro, mentres que Ferrol, cun 35%, é concello que presenta a menor taxa de ocupación

Traballadores nunha estada Cristina Saiz

O concello de Pontevedra ten unha taxa de paro do 26,1% segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística. Contrasta este dato co do primer trimestre que foi do 24,5 %.

Se se comparan os datos dos sete grandes municipios galegos, de novo Pontevedra é ao que corresponde a maior taxa de paro, mentres que Ferrol, cun 35%, é concello que presenta a menor taxa de ocupación.

Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (54,9% e 51,3%, respectivamente).

Os datos da EPA do segundo trimestre melloran a cifra coa que Pontevedra pechou 2014 que situaba no 28,7% a taxa de paro, pero empeora respecto ao dato do 2013 no que a taxa foi do 25,2%.

Na provincia a taxa de paro é do 24,56%.

GALICIA

O paro baixou en 23.200 persoas en Galicia no segundo trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 8,43%, por enriba da media, mentres que o número de ocupados subiu neste período en 22.400, un 2,27%, segundo a EPA.

A poboación activa neste segundo trimestre caeu en 900 persoas en Galicia, ata 1.262.400 (-0,07%), o que significa que a comunidade conta con 13.500 activos menos que hai un ano (-1,06%).

ESPAÑA

No conxunto do Estado, o desemprego diminuíu en 295.600 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao primeiro, un 5,4%, e rexistrou así o seu segundo maior descenso nun segundo trimestre dende polo menos 2008.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en