Pontevedra ten reserva de máscaras e xel hidroalcohólico para tres meses

Pontevedra
27 de xullo 2020

Adiantándose a un posible desabastecemento, o Concello de Pontevedra decidiu realizar provisión de máscaras e xeles hidroalcohólicos. Así, destinou algo máis de 28.000 euros para a adquisición deste material de protección contra a COVID-19

Instalacións do Padrón e do Rexistro na Casa da Luz Mónica Patxot

Adiantándose a un posible desabastecemento, o Concello de Pontevedra decidiu realizar provisión de máscaras e xeles hidroalcohólicos. Así, destinou algo máis de 28.000 euros para a adquisición deste material de protección contra a COVID-19.

En concreto, 22.660 euros foron destinados á compra de máscaras e outros 5.769 euros a adquirir os xeles.

Isto supón, segundo explicou a portavoz municipal, Carme dá Silva, que a administración municipal teña actualmente reservas para o próximos tres meses.

Todo este material, engadiu Da Silva, está destinado aos servizos de atención ao público e aos traballadores municipais no desenvolvemento das súas respectivas actividades.