PontevedraViva e Rei Zentolo ofrecen as camisetas que comezaron cun francés e unha rendición

Pontevedra
22 de agosto 2025

Contámosche a curiosa historia que inspirou a crear unhas camisetas e unhas bolsas que van querer ter todos os pontevedreses e pontevedresas. A orixe de todo: o cronista francés Jean de Froissaart

Lenda
Lenda / PontevedraViva

Érase unha vez, alá polo século XIV, un cronista francés chamado Jean de Froissart que veu de paseo (máis ben de guerra) por Galicia acompañando ao Duque de Lancaster en plena Guerra dos Cen Anos.

A expedición desembarcou na Coruña en 1386 e empezou a baixar por Galicia coma se fosen en peregrinación… pero con espadas. Ían cidade tras cidade, conquistando con máis ou menos entusiasmo, ata que chegaron ás portas de Pontevedra.

Pero aquí, amigos, a cousa cambiou. Resulta que os pontevedreses, máis listos que a fame, enviaron uns emisarios a parlamentar: "Escoita, Duque, se prometes non rompernos nada, nós rendémonos. Nin pelexas, nin berros, nin saqueos. Todo ben." E o Duque aceptou.

Así, Pontevedra librouse de ser arrasada polos ingleses, e todo grazas a unha negociación de libro! Cando as tropas atravesaron a cidade, Froissart quedou alucinado: na súa crónica soltou que Pontevedra era unha bonne ville (boa vila!). E como xa sabemos, se o di un francés con pluma, vai a misa.

Praza
Praza   PontevedraViva

Co tempo, a gabanza do francés converteuse en slogan, e logo en canción popular: "Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa. A fonte da Ferraría, San Bartolomé na praza".

A cidade, ademais de hospitalaria, tiña fontes por todas as partes para que os peregrinos do Camiño Portugués non quedasen secos. E a fonte protagonista da canción, que hoxe está nos xardíns cerca do Convento de San Francisco, antes estaba xusto na entrada da vila amurallada, na porta de Trabancas. Por iso daba de beber a quen pasaba literalmente por alí.

Esta historia ben merece unha camiseta! Pois entre Rei Zentolo e PontevedraViva puxémonos ao choio.

Pontevedra é Boa Vila

Pois as camisetas xa están na rúa e a xente con estilo xa as está lucindo como verdadeiras estrelas do street style.

Camisetas
Camisetas

Pero iso non é todo... tamén sacamos unhas bolsas que están para gritar do chulas que son!

Bolsa
Bolsa

Queres ter as túas? están dispoñibles nas tendas de Rei Zentolo. Corre antes de que voen!

O teu armario agradeceracho

Escaparate de la tienda Rei Zentolo
Escaparate da tenda Rei Zentolo