Por que estoupan as bebidas de cola ao mesturalas con caramelos de menta?

Pontevedra
29 de maio 2015

Comezou. este venres 29, a revisión dos 33 proxectos científicos que durante esta fin de semana se exhiben na Feira da Miniciencia

O concelleiro de Educación, Agustín Fernández, na Feira de Miniciencia Concello de Pontevedra

Os estudantes de Primaria de Pontevedra espertan o seu interese pola ciencia a través do programa municipal Pontenciencia, cunha feira coñecida como Miniciencia que se desenvolve na facultade de Forestais, que pode visitarse durante toda a xornada deste venres 29 e durante a mañá 30 ata o mediodía do sábado.

Durante esta xornada comezou a revisión dos 33 proxectos científicos que foron avaliados polo xurado integrado polo concelleiro de Educación, Agustín Fernández, o representante da facultade de Forestais, Juan Picos e profesores do campus de Pontevedra.

Os proxectos dos colexios foron elaborados polos equipos da Xunqueira I, San Bieito (Lérez), Ponte Sampaio, Parada (Campañó), Froebel, Campolongo, San Martiño (Salcedo) e Marcos da Portela (Monte Porreiro) coa intervención de máis de 300 escolares.

As investigacións centráronse no mundo dos microbios, das erupcións volcánicas ou a influencia da luz no crecemento das plantas. Outros traballos investigaron sobre a invisibilidade ou por que explotan as bebidas de cola ao mesturalos con caramelos de menta.

Os proxectos das familias, compostas polos pais e os nenos de calquera tramo de Primaria, contan con epígrafes moi suxestivos: reciclaxe de aceite, da alga kombu á comida rápida, pegadas dactilares ou temos corda para un anaco.

A entrega dos premios será a partir das 13.20 horas do sábado, que consistirán en cheques de regalo para material escolar. Nesta iniciativa colaboran a concellaría de Educación e a Universidade de Vigo.