Por San Sebastián, volve a laconada aos locais da zona monumental

Pontevedra
16 de xaneiro 2019

Un total de 19 establecementos hostaleiros de Pontevedra sumaranse durante esta próxima fin de semana dos días 19 e 20 de xaneiro á 'Laconada de San Sebastián' posta en marcha pola asociación de comerciantes Centro Comercial Urbano CCU Zona Monumental para dinamizar o centro histórico da cidade  

Locais participantes na 'Laconada de San Sebastián' CCU Zona Monumental

Un total de 19 establecementos hostaleiros de Pontevedra sumaranse durante esta próxima fin de semana dos días 19 e 20 de xaneiro á 'Laconada de San Sebastián' posta en marcha pola asociación de comerciantes Centro Comercial Urbano CCU Zona Monumental para dinamizar o centro histórico da cidade. 

A iniciativa púxose en marcha o ano pasado dentro das actividades do CCU Zona Monumental para recuperar unha vella tradición perdida, a celebración de San Sebastián, patrón da cidade que carece de festexos específicos á marxe da entrega dos premios Cidade de Pontevedra.

A asociación de comerciantes promove laconadas en distintos establecementos de hostalería da nosa cidade. En total, sumáronse 19 locais, que durante a fin de semana ofreceránen o seu menú, petisco ou tapa o lacón con grelos. Acompañando a laconada, haberá animación en rúas e prazas. 

A festa de San Sebastián foi celebrada tradicionalmente como antesala e preludio do Entroido, con ritos como tamborradas -concentración de tamborileros ou repicantes- e chorizadas que marcaban a que foi chamada 'primeira festa do ano'.  

Zona Monumental presentou este mércores a iniciativa e animou a todos os pontevedreses a pasear polo centro histórico e gozar da laconada e do patrón. Agradeceu a participación de todos os hostaleiros, así como a colaboración do Concello.