Portas inicia a elaboración do plan para reducir a contaminación nun 40% durante a próxima década

Umia
21 de outubro 2020

O Concello organizou este mércores a primeira reunión da mesa local despois da súa adhesión ao Pacto das Alcaldías polo Clima e as Enerxías Sostibles 

Portas organiza a primeira reunión da mesa local polo Clima y as Enerxías Sostibles
Portas organiza a primeira reunión da mesa local polo Clima y as Enerxías Sostibles / Concello de Portas

A mesa local polo clima e as enerxías sostibles (Paces) do Concello de Portas celebrou este mércores a súa primeira reunión despois da adhesión do municipio ao pacto das alcaldías para este asunto co obxectivo de analizar a situación do concello desde o punto de vista ambiental e ir planificando iniciativas para lograr unha redución do 40 % no consumo enerxético e na emisión de gases contaminantes para o ano 2030.

O primeiro paso é a elaboración dun plan, financiado con fondos europeos, que recolla todas as medidas seleccionadas polo Concello para diminuír a súa contaminación. Trátase, principalmente, de mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións municipais e aplicar principios de economía circular á xestión de residuos.

A reunión serviu tamén para que a asistencia técnica expuxese os resultados preliminares do cálculo de emisións nas instalacións e dependencias municipais e presentase os efectos que a crise climático terá sobre o municipio.

O documento para redactar incluirá, ademais das accións acordadas por toda a corporación para reducir a contaminación, medidas dirixidas a reducir a pobreza enerxética no municipio. Unha vez aprobado o plan, a súa aplicación será revisada e avaliada cada dous anos co obxectivo de coñecer en canto se reduciron as emisións e os riscos do cambio climático.