O Porto de Marín estrea un sistema intelixente para vixiar a calidade do aire

Marín
18 de xuño 2026

O novo equipo está deseñado para realizar un seguimento continuo de distintos parámetros atmosféricos e detectar a presenza de posibles contaminantes ou alteracións na contorna

Puerto de Marín
Puerto de Marín / Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra puxo en marcha dun avanzado sistema de monitorización ambiental que permitirá coñecer, en tempo real, o estado da calidade do aire na zona portuaria.

O novo equipo está deseñado para realizar un seguimento continuo de distintos parámetros atmosféricos e detectar a presenza de posibles contaminantes ou alteracións na contorna.

A ferramenta permitirá dispor de información precisa para anticiparse a calquera incidencia ambiental e aplicar medidas correctoras cando sexa necesario.

O sistema incorpora tecnoloxía de última xeración a través de sensores especializados capaces de analizar partículas e gases presentes na atmosfera.

Entre os elementos que se medirán de forma permanente atópanse partículas de especial relevancia polo seu impacto na calidade do aire como PM1, PM2,5 e PM10, así como gases como o monóxido de nitróxeno, dióxido de nitróxeno, monóxido de carbono, dióxido de xofre, ozono e compostos orgánicos volátiles.

Ademais do control de contaminantes, o dispositivo recompilará información meteorolóxica e ambiental, como a temperatura, a humidade relativa, a presión atmosférica e os niveis de ruído.

Esta combinación de datos permitirá obter unha visión máis completa das condicións da contorna portuaria.

A Autoridade Portuaria destaca que o obxectivo principal desta iniciativa é reforzar a prevención ambiental. Grazas á monitorización constante, será posible identificar cambios ou situacións anómalas e actuar con maior rapidez para minimizar os seus posibles efectos.