As praias de Portocelo, Mogor e Aguete 1, en Marín, estrearon o mes de xullo con socorristas vixiando a seguridade do areal.
Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, estas tres praias contan con este servizo activo desde a tarde deste mércores 1 de xullo e o resto de praias poderán contar cos socorristas a partir do venres.
Ademais, o Concello deu a coñecer que este xoves está previsto realizar unha nova proba de selección para cubrir as vacantes que aínda están dispoñibles. Será en Mogor a partir das 10.00 horas.
Marín tamén está rematando de configurar o sistema informático de conteo en tempo real do aforo das praias, un mecanismo de control que se traducirá nun semáforo con catro niveis (baixo, medio, alto e completo) que se poderá consultar a través da web do Concello, das redes sociais e dunha aplicación.
O sistema estará funcionando ao cen por cen previsiblemente a partir do venres, especialmente pensando de cara á fin de semana, cando se nota unha maior afluencia de persoas aos areais.