A asociación veciñal de Postemirón- A Graña, Sagrado Corazón, solicitou os grupos políticos municipais que adquiran o "compromiso firme", de traballar activamente para facilitar e axilizar a tramitación do PXOM do concello de Vilaboa.
Ducias de viviendas destes núcleos de poboación de Vilaboa están a día de hoxe fora de ordenación. Os veciños decidiron en asamblea realizar esta solicitude ante a "situación de emerxencia" que varias familias da veciñanza están a vivir, "afogadas por multas, embargos de nóminas e prestacións de desemprego, solicitude de penas de cárcere pola fiscalía, ordes de precinto... isto sumado á incerteza de demasiadas familias de que a súa casa, o piar e recurso básico que teñen, poda seguir en pé", sinalaron.
Algunhas desas situacións tan dramáticas vívense en Postemirón e A Graña pero son extrapolables a moitos outros lugares do municipio.
Os veciños consideran que entre os diferentes grupos municipais, "ningún obstaculizou activamente o proceso de realización e aprobación deste plan", pero, ante a situación descrita, "polo ben da veciñanza, pensamos que é o momento de dar un paso máis alá" e trasladar a súa problemática ás "estruturas supramunicipais" de cada partido, "tentando mobilizar todos os recursos e contactos posibles" para que, finalmente e, "na maior brevidade posible", o concello de Vilaboa poda contar definitivamente con un PXOM.