O PP afea a política de vivenda do Goberno central e acúsao de "intentos cutres de copiar" a Galicia

Pontevedra
26 de xaneiro 2026

As senadoras do PP por Pontevedra Pepa Pardo e Nidia Arévalo e o deputado Juan Andrés Bayón presentaron este luns as 15 medidas contempladas no plan de vivenda de Alberto Núñez Feijóo

Nidia Arévalo, Pepa Pardo e Juan Andrés Bayón

As senadoras do PP por Pontevedra Pepa Pardo e Nidia Arévalo e o deputado Juan Andrés Bayón presentaron este luns as 15 medidas contempladas no plan de vivenda de Alberto Núñez Feijóo e contrapuxérono coa actual política do Goberno central da materia. 

A proposta do PP está pensada como un plan de choque para cubrir o déficit do millón de casas que detectan en España, e que ven como resultado da "incapacidade" do Executivo, que, nos últimos 7 anos, "non está a tomar ningunha medida eficaz para solucionar a falta de vivendas de alugueiro e a compra de vivendas".

Fronte ás políticas de Sánchez, presumen das que aplica Alfonso Rueda na Xunta de Galicia e do "exemplo" que supón o Concello de Mos

Afean ao Goberno de Pedro Sánchez que "está facendo moita propaganda, moito ruido nos últimos tiempos", pero que, en realidad, lo que hace son "intentos cutres de copiar" a Galicia ou a Mos. 

Pepa Pardo lembrou que "un dos principales problemas en España a día de hoxe é a vivenda" e Nidia Arévalo que é a "prioridade política" para o PP e para o propio Feijóo. "É un dos nosos eixos estratéxicos", asegurou.

Ante a "gran crise de vivenda" actual, teñen "claras" as causas principais: a escaseza de oferta, a inseguridade xurídica derivada dunha lei de vivenda que "é unha mala lei e é insuficiente" e un intervencionismo excesivo que "penaliza o mercado do aluguer con control de prezos e limitacións".

Como resposta, o PP defende un modelo baseado en máis construcción de vivendas, máis incentivos fiscais para os compradores e para os inquilinos e máis seguridade xurídica.

A súa proposta "combina medidas técnicas e medidas legais" para acercar á xente moza e á clase media a posibilidade de acceder a unha vivenda.

Ven fundamental a creación dun plan estatal de vivenda centrado en construir máis: "cantas máis viviendas, más baratos serán os prezos", sostén Arevalo.

Apostan pola construción mediante a colaboración público-privada e, como alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo puxo o seu concello como "un exemplo", pois impulsaron un plan xeral que ten solo urbano con dispoñibilidade de facer vivienda pública e entregárono á consellería para que a promovera. Como resultado, acaban de adxudicar as primeiras. 

"Iso é unha política eficiente e eficaz dun concello e dunha comunidade autónoma e tamén a colaboración público-privada moi necesaria", presumiu.

Juan Bayón prometeu que "na España de Alberto Núñez Feijóo, a vivienda deixará de ser misión imposible" e "comezará a ser una oportunidade para tantos mozos e mozas que queren independizarse, queren emanciparse, queren empezar a construír unha familia".

Para Bayón, dende que goberna Pedro Sánchez no ano 2018, "a vivenda converteuse cada vez máis nun privilexio", pois "antes un mozo podíase independizar; con ciertas dificultades, pero podíase", pero non agora.

"O Partido Popular quere unha España de inquilinos e de arrendatarios, pero, sobre todo, unha España de propietarios", insistiu, e expuxo as 15 medidas do programa de vivenda do PP: 

  • Menos trabas e menos burocracia para a construción de vivenda. Aplicar o silencio administrativo positivo de 90 días. 
  • Mobilización áxil de todo o chan dispoñible, cun 30 % de rebaixa do prezo medio do mercado.
  • Flexibilidade para as operacións de rexeneración urbana.
  • Plan Residencial Estratéxico para reducir de 10 a 4 anos o tempo de construcción.
  • Colaboración público-privada.
  • Aprobación dunha Lei de Chan que dea seguridade real aos plans urbanísticos.
  • Más financiamento para as comunidades autónomas que faciliten a construción de vivenda no seu ámbito territorial.
  • Habilitar o uso de remanentes dos concellos para política de vivenda.
  • Impulso á Innovación para reducir tempos ante a escaseza de man de obra.
  • Plan Formativo e de Emprego Específico.
  • Baixada do IVE do 10 ao 4% aos mozos que compren vivenda nova.
  • Bonificación no IRPF aos mozos.
  • Hucha Hogar Nova.
  • Unha lei contra a okupación para desaloxar en 48 horas e protexer a propiedade privada.
  •  Apoio ás familias vulnerables e seguridade aos propietarios, non a quen delinque.