O portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, denunciou este mércores en rolda de prensa a grave situación do acceso á vivenda na cidade, un problema que, segundo afirmou, "afecta especialmente a los jóvenes" e ante o cal o goberno local "no está haciendo absolutamente nada".
Domínguez alertou de que os prezos de compravenda e aluguer disparáronse en Pontevedra, facendo "practicamente imposible" o acceso a unha vivenda para moitos cidadáns. "Es un disparate lo que cuesta comprar o alquilar. Es excesivamente caro. Entendemos la frustración de los jóvenes y de sus familias, que ven cómo se retrasa su emancipación", sinalou.
Segundo o portavoz popular, a escasa oferta de vivenda tamén contribúe ao encarecemento do mercado. Fronte a esta situación, Domínguez acusou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, de estar "de brazos cruzados durante años" e de non tomar ningunha medida estrutural para paliar o problema, máis aló da cesión de solo á Xunta de Galicia para a construción de vivendas de protección oficial. "Lo que es estimable, desde luego, pero la verdad es que se espera que un alcalde haga muchísimo más para resolver uno de los principales problemas que hay en la ciudad", apuntou.
Desde o Partido Popular presentaron unha batería de medidas que consideran necesarias para afrontar a crise de vivenda. A principal, segundo Domínguez, é a aprobación dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
"El actual plan es de 1989, está completamente obsoleto y limita enormemente la capacidad de crecimiento de la ciudad y de las parroquias", asegurou. O portavoz popular lembrou que o goberno local chegou a investir un millón de euros na redacción dun novo plan que logo "acabó guardado en un cajón".
Ademais, o PP propón unha reorganización da área de urbanismo municipal, ante a "incapacidade" para xestionar os expedientes de licenzas de obras. "En Pontevedra, conseguir una licencia es un drama. Los plazos superan el año y en muchos casos se alargan hasta los dos años. Es una vergüenza", denunciou.
Entre as solucións expostas, Domínguez destacou a necesidade de implementar as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), que permitirían axilizar os trámites urbanísticos. Segundo explicou, a Xunta de Galicia xa traballa nunha reforma para que os certificados destas entidades teñan a mesma validez que os informes municipais, o que reduciría significativamente os tempos de espera.
Tamén propuxeron unha rebaixa do 10% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) e a modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística de Pontevedra (Peprica), ao considerar que limita as posibilidades de actuación no centro histórico.
Por último, Domínguez subliñou a necesidade de mellorar o transporte urbano entre o centro da cidade e as parroquias para facilitar a creación de vivenda na periferia. "Hoy en día hay más parroquias que viajes diarios del ‘Coche de Punto’", ironizou.
"El problema de la vivienda en Pontevedra es gravísimo y Lores no hace absolutamente nada para solucionarlo", sentenciou o portavoz do PP.