O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra presentou unha moción para o seu debate no vindeiro pleno instando al Concello para que aborde dúas "demandas históricas" da parroquia de Ponte Sampaio como é a mellora da rede de sumidoiro e a creación dun abastecemento municipal de agua que complemente o sistema actual dos veciños.
No pleno ordinario do 17 de febreiro, o PP local denunciará a "situación obsoleta" da rede de sumidoiro da parroquia, "que leva décadas sen unha intervención integral".
Segundo explicou este martes nunha rolda de prensa a concelleira do PP, Aroa Otero, "o colector xeral segue sendo de formigón en lugar de PVC, o que provoca constantes deficiencias".
Ademais, destacou que a falta de separación entre augas pluviais e fecais causa desbordamentos na zona da Xunqueira durante episodios de choiva intensa.
Otero sinalou que esta situación tamén repercute no concello veciño de Soutomaior, cuxa depuradora debe asumir un gasto enerxético e económico debido á deficiente rede de saneamento de Ponte Sampaio.
Ante isto, o PP propón que o goberno local aproveite as obras previstas pola Xunta na estrada PO-264 para incluír a renovación da rede de sumidoiro.
Outro dos problemas que destacou a concelleira foi a escaseza de auga potable, especialmente nos meses de agosto e setembro, cando o consumo permitido por usuario descende drasticamente de 2.000 a 600 litros diarios.
"Non estamos solicitando que o Concello asuma a xestión do sistema actual de traídas veciñais, como pretende enganar o BNG, senón crear un abastecemento municipal complementario que garanta a dispoñibilidade de auga nos momentos de maior necesidade", dixo a concelleira.
O PP sinala que esta problemática que non é exclusiva de Ponte Sampaio, senón que afecta a outras parroquias como Bora, onde moitas vivendas non contan cun acceso axeitado a servizos básicos como auga potable e o saneamento.