A praia de Mogor estrea pasarela para ser 100% accesible

Marín
09 de xuño 2026

O Concello de Marín finalizou as obras de mellora da accesibilidade no areal de Mogor, que permitirán que este verán a praia sexa plenamente accesible para persoas con mobilidade reducida

Nova pasarela de acceso á praia de Mogor
Nova pasarela de acceso á praia de Mogor / Concello de Marín

As obras para converter a praia de Mogor nun areal plenamente accesible este verán finalizaron.

O Concello de Marín informa da conclusión destes traballos, que supuxeron a instalación dunha rampla para facilitar o acceso de persoas con mobilidade reducida.

A actuación, acometida na entrada da praia situada xunto ao Centro de Interpretación de Petróglifos, supuxo tamén a reconstrución das escaleiras de acceso mellorando as condicións de seguridade.

Nas mesmas instalouse unha nova varanda de aceiro Inox.

No que respecta á rampla, trátase dunha pasarela realizada en madeira sintética, un material resistente adaptado á contorna marítima.

As obras foron realizadas pola empresa ROCAS por un importe superior aos 100.000 euros e financiamento do Grupo de Acción Pesqueiro Local Ría de Pontevedra.