O tempo seco e solleiro está a animar a que as praias das Rías Baixas se echan de xente neste período vacacional de Semana Santa.
De aí que os concellos estean a despregrar un amplo operativo para que os areais estean nas mellores condicións posibles para o disfrute do litoral.
Así, en Marín impulsaron tarefas de limpeza, mellora e mantemento dos areais.
Nas últimas horas, en concreto, operarios da Fundación Juan XXIII estiveron traballando en habilitar a parcela que se utiliza como estacionamento público na zona de Aguete, que estará lista para estes días.
O resto das que se poñen a disposición ao longo de todo o vial estarán habilitadas para o verán, avanzan desde o goberno municipal.

Por outro lado, actuouse en todos os accesos, tanto na súa limpeza como en cuestións de accesibilidade.
En Mogor, volveuse encher de area a zona na que se crea un gran socavón baixo as escaleiras debido ao embate dos temporais do inverno.
Tras a Semana Santa empezará a executarse a obra de mellora da accesibilidade, coa creación dunha nova rampla para que este areal poida ser utilizado por persoas con mobilidade reducida.
No caso dos accesos, o que queda pendente é o da praia do Santo, onde se está a facer a tramitación pertinente para poder volver instalar un elemento de baixada á praia, despois de que os fortes temporais deste inverno estropearan totalmente a rampla.
Por outro lado, o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor estará aberto durante toda a Semana Santa.
O seu horario será de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e haberá visitas guiadas ás 12:30 e ás 19:00 horas ata o próximo domingo.
Ademais, a oficina de turismo da Praza de España estará aberta ata o próximo domingo, en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 21:00 horas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.