Os Premios Feroz consolidan a "desestacionalización turística" en Pontevedra

Pontevedra
23 de xaneiro 2026
Actualizado: 24 de xaneiro

Patricia Sierra cualificou o efecto dos Feroz como "un éxito desde el primer momento". O nivel de ocupación hoteleira alcanzado este ano é dun 95 % nos hoteis da asociación da cidade

Un grupo de maletas na recepción dun hotel Mónica Patxot

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este venres no seu despacho a representantes da asociación de hoteleiros da cidade, integrada por unha ducia de establecementos, para analizar o impacto que a celebración da Gala dos Premios Feroz ten no sector turístico local. E o balance non puido ser máis positivo.

A portavoz da asociación, Patricia Sierra, cualificou o efecto dos Feroz como "un éxito desde el primer momento". Segundo explicou, os beneficios non se limitan unicamente aos días da gala, senón que se estenden durante semanas e mesmo meses previos.

"Desde octubre estamos recibiendo reuniones, encuentros con directores de cine y con los principales participantes de los premios, lo que se traduce en una ocupación constante", sinalou.

Un dos datos máis destacados é que o nivel de ocupación hoteleira alcanzado este ano é dun 95 % nos hoteis asociados. "Nuestro objetivo siempre fue que se llenaran todos los hoteles, no solo uno, y lo hemos conseguido", afirmou Sierra, subliñando ademais que outros aloxamentos, como os apartamentos turísticos, tamén se viron favorecidos.

Máis aló dos Feroz, a portavoz insistiu na importancia dos eventos para desestacionalizar o turismo na cidade. Competicións deportivas, congresos e encontros profesionais sucédense ao longo do ano e permitiron desterrar o concepto de "tempada baixa".

"En enero tenemos los Feroz, en febrero y marzo eventos de natación infantil y juvenil que traen a muchas familias, en noviembre congresos… Hoy podemos decir que ya no existe una temporada baja en Pontevedra, y eso es básico", recalcou.

A todo iso súmase o impacto do turismo cinematográfico e dos congresos médicos, como o recente de reumatoloxía, así como a chegada continua de peregrinos do Camiño de Santiago, unha das principais bases de ocupación hoteleira entre marzo e novembro.

"Trabajamos ya con reservas para 2027 y 2028, especialmente con peregrinos organizados, que requieren planificación y ofrecen un perfil de gasto medio-alto", explicou Sierra.

"Considero que valió la pena no ir a Fitur porque para este año casi todo está ocupado. Hay que pensar ya en el año 27", engadiu,

O alcalde, pola súa banda, mostrou o seu orgullo ante estas cifras, "aspiramos a que non haxa tempada baixa, pero que sexades vós quen o digades éncheme de satisfacción".

A portavoz lembrou ademais como cambiou a cidade nas últimas décadas. "Antes de Semana Santa y después del verano, Pontevedra estaba prácticamente desierta. Llevo 36 años en el Galicia Palace y el punto de inflexión fue el primer campeonato de triatlón". A partir de aí, os hoteis profesionalizáronse, investiron máis e melloraron o servizo, segundo sinalou.

Sobre a posible necesidade dun novo hotel na cidade, Sierra respondeu que "estamos contando que nos va bien, pues bueno, que tomen medidas y el que quiera invertir que lo haga".

Arquivado en